«Un festival de teatro é un estímulo tamén no económico»

Fina Ulloa
Fina Ulloa OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Quico Cadaval (en primeiro termo) co equipo na presentación de «O auto do Castromil»
Quico Cadaval (en primeiro termo) co equipo na presentación de «O auto do Castromil» XOAN A. SOLER

Producción Teatrais Excéntricas conduce «O auto do Castromil», de Manuel María, ata Ribadavia

22 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez tomarán este domingo (23.00 horas) o auditorio Rubén García na que será a cuarta representación da xira de O auto do Castromil. As outras tres, co Teatro Principal de Santiago cheo, foron a estrea desta proposta escénica que dirixe Quico Cadaval e que gañou a derradeira edición do certame de proxectos teatrais Manuel María.

—¿Que lle parece iso de que un premio consista nunha xira?

—A Fundación Manuel María conseguiu que unha chea de concellos e outras institucións se comprometan a contratar o espectáculo. Penso que é algo que ten moito valor porque saber que tes 43 funcións é saber o que vas facer no ano seguinte. É especialmente importante para a xente nova con moito talento que temos en Galicia.

—Pero tamén obriga a montar un espectáculo dende cero e telo listo nun tempo.

—A nós pillounos a todos con outros proxectos pero sempre confiamos na profesionalidade do equipo. Levamos tempo traballando xuntos e coñecémonos. Cando pensamos en presentarnos ao certame obviamente non sabíamos que íamos a ser os premiados pero pedímoslle o compromiso ó elenco e o que fixemos foi concentrar os ensaios en cinco semanas, que é un pouco menos do habitual para este tipo de montaxes

—¿Irán co ela a máis festivais, aparte do de Ribadavia?

—Imos estar no de Cariño e no ano seguinte posiblemente pecharemos a xira no de O Carballiño, pero non está confirmado. De tódolos xeitos tampouco hai tantos.

—¿Bota de menos unha oferta maior neste tipo de certames?

—Cando os poderes públicos se dean conta de que un festival é un estímulo grande tamén no económico, haberá máis. Eu acabo de comprobar en Mérida, e en Ribadavia tamén pasa, que hai xente que programa as vacacións tendo en conta estas citas.