O grupo de teatro Maricastaña pechará a Miteu coa montaxe «Desequilibrios»

La Voz

OURENSE

Imaxe de arquivo dunha representación de Maricastaña no Principal
Imaxe de arquivo dunha representación de Maricastaña no Principal Santi M. Amil

A obra estreouse este venres na localidade portuguesa de Covilhã

30 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 9 de maio • Teatro Principal • Ourense • Xa hai datas para a Miteu (Mostra de Teatro Universitario de Ourense) e xa se conta con compañía e obra para a xornada de clausura. A mostra desenvolverase na cidade entre os días 11 de abril e 9 de maio. E manterase a tradición de contar cun dos grupos das aulas escénicas do Campus de Ourense para a sesión de clausura.Maricastaña porá en escena o 9 de maio a súa nova experiencia teatral: «Desequilibrios».

 Estrea en Covilhã

Trátase dunha montaxe que está «inspirada libremente» no orixinal de «Alguén voou sobre o niño do cuco». Presenta a nova proposta de Maricastaña unha historia de marcadas forzas en oposición: as das persoas que están no poder e queren perpetuarse e as das que os cuestionan dende a súa loucura. A obra foi estreada onte por Maricastaña en Covilhã, en Portugal. Antes da cita ourensá a obra pasará por Vigo, Lugo, Santiago e Pontevedra.