Viana do Bolo e Trives regalan bandeiras polo Día da Patria

La Voz O BARCO / LA VOZ

A POBRA DE TRIVES

BENITO ORDOÑEZ

Estarán a disposición dos veciños o luns

23 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os concellos de Viana do Bolo e da Pobra de Trives agasallarán aos veciños con bandeiras de Galicia co obxectivo de que lozan en balcóns e fiestras o martes, Día da Patria. No caso de Viana, o reparto será o luns, de 10.00 a 14.00 horas, no consistorio. O concello de Trives fará a entrega o luns, de 10.30 a 13.00 horas, e de catro a oito da tarde, na oficina de turismo (o martes, de 10.30 a 14.00 horas). Ás dez haberá un concerto de Banda Folk de Ribas de Sil.