Caladiños

La Voz

ALLARIZ

DESDE MIS GAFAS ARTURO R. VISPO | O |

11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

CALADIÑOS os peperetos de Allariz dende o vintesete de abril do dous mil sete, dende que o xuíz deu carpetazo á súa mala baba, artellada a traverso dun procedemento criminal. Alcalde e aparellador municipal sen cargos por sobreseemento libre e arquivo das actuacións. Caladiños coa liberdade vixiada e anque veñan máis boutades do presidentiño Baltar. E o que causa máis fastío á xentiña, que vota ás esquerdas ou ás dereitas, é que sigan sen recuar, sen asumi-lo seu erro, sen desculpas polo menos. E non. Ó ritmo do silencio. Toñito Rodríguez Miranda, con nome de pasodobre flamenco, e Susiño Llorente de Cea, o mozo das mil carreiras. O terceiro máis discreto, a rapaza con dignidade. Peperetos coa orquestra desafinada. E tanto monta, e tanto ten concelleiro coma deputado, denuncia coma querela, pois do que se trataba era de emporcalla-la honra do rexidor e dun funcionario, de acadar pola tremenda o sufraxio dos cidadáns. E o rebote, cando vai de reviravolta, fai máis dano cá calumnia máis noxenta e xa no tempo das votacións van ter que pregar..., «que me quede coma estou».