O Carballiño e Barbadás participarán no Circuíto de Teatro Amador

La Voz OURENSE / LA VOZ

BARBADÁS

Santi M. Amil

A programación está organizada por Fegatea e a Consellería de Cultura

13 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Circuíto de Teatro Amador ofrecerá este ano máis de sesenta representacións, ata o mes de outubro, e as mesmas chegarán a trece municipios de toda Galicia. No caso da provincia de Ourense son dous os concellos que disfrutarán desta programación: os do Carballiño e Barbadás. A décimo primeira edición deste programa, que xa comezou estes días, está organizado por Fegatea -a Federación Galega de Teatro Afeccionado- e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Axóuxere Teatro, O Aturuxo de Melpómene, Chumpá Teatro, Tiruleque Teatro, Porta Aberta, Enxebre, Falcatrueiros, Atrezo Teatro, O Trasno Novo Teatro, Teatrino, Teatro Escoitade, Andaravía Teatro, Max Teatro e o Club de Lectores da Biblioteca de Antas de Ulla son os encargados de organizar a programación do circuíto nos trece concellos que acollerán a programación deste ano.

 

Más de cincuenta compañías

Segundo figura nos datos da Consellería de Cultura, no caso de Barbadás as propostas do circuíto chegarán entre o 30 de setembro e o 21 de outubro. No caso do Carballiño, o Festival de Teatro Amador Terras do Orcellón é unha iniciativa que está coordinada polo grupo Tiruleque Teatro.

Segundo os datos aportados pola Agadic, son 53 as compañías que están vencelladas á federación galega.