A Xunta clasifica «de interese cultural» a Fundación Carlos Velo

La Voz

CARTELLE

A entidde ten a sede en Cartelle e centrarase en investigar e espallar a obra do cineasta ourensán

16 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Diario Oficial de Galicia publicou unha disposición de Vicepresidencia e Consellería da Presidencia pola que se «clasifica de interese cultural a Fundación Carlos Velo». A orde asinada polo conselleiro Alfonso Rueda data do 20 de marzo e foi publicada o 7 de abril. O padroado inicial da fundación está presidido pola alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte, e conta con Miguel Ángel Fernández como vicepresidente e María Dolores Villar como secretaria. Os vogais son Laura Gardos Velo, Armando González López, José María Paz Gago, Antonio Piñeiro Feijóo, Xosé Manoel Rodríguez González, José Enrique Acuña e Daniel Fernández Carril.A Fundación Carlos Velo ten a súa sede en Cartelle, o Concello mercou no seu día a casa natal do director para transformala no futuro en sede da entidade, e segundo consta nos seus estatutos, o seu cometido «centrarase na investigación e na difusión da obra do cineasta e no estudo, difusión, formación e promoción das artes da imaxe, no seu máis amplo espectro, así como na organización de actividades culturais e científicas de carácter xeral e relacionadas cos fins sinalados».