Do pensamento e a moral ao legado dos tratantes de Garabás

La Voz

O CARBALLIÑO

Santi M. Amil

Maside acolleu a presentación da revista do Instituto de Estudios Carballiñeses

05 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa da Cultura de Maside acolleu onte a presentación dun novo número da revista Ágora do Orcellón, publicación editada polo Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC). A decisión de escoller o espazo masidao para dar a coñecer este novo volume veu motivada polo feito de que un dos traballos que forma parte desta entrega é unha colaboración que lembra a historia e o legado dos tratantes de Garabás e Maside. O número trinta e un da publicación do IEC ten unha portada realizada polo artista Antón Pulido -cos tratantes como motivo da mesma- e nas súas 175 páxinas inclúe dous apartados: o referido a Pensamento e o que leva por título Orcellón. No primeiro figuran un artigo de Mario A. Brunge titulado Novo prólogo2015 á ‘Socioloxía da ciencia’ e outro de Luz Marina Barreto centrado en As razóns morais ou en defensa do universalismo moral. Na sección centrada na comarca do Carballiño figuran os traballos de Manuel Alonso Macías titulado Dona Manuela. Unha extraordinaria muller na Comarca do Carballiño dos anos vinte e trinta do pasado século XX, unha colaboración de Xoán Manuel Valcárcel Obelleiro acerca da Debesa de Balvoa, un artigo de Estanislao Fernández de la Cigoña-Núñez sobre Os reloxos mecánicos de torre de carácter relixioso na comarca do Carballiño: igrexas de Dacón (Maside), O Campo (O Irixo) e Punxín e un texto de Miguel Álvarez Soaje titulado Estudo da composición do botamen farmacéutico conservado no mosteiro de Santa María a Real de Oseira. O traballo central do volume, de case sesenta páxinas, é a colaboración de Xosé Ricardo Rodríguez Pérez titulada De Garabás a Maside: Os tratantes, chaláns ou corredores de gando.

Homenaje a Mario Bunge

Antes da presentación celebrouse a asamblea xeral de socios do Instituto de Estudios Carballiñeses. O presidente do IEC, Avelino Muleiro, anunciou que se está a preparar un número «monográfico sobre o gran filósofo, epistemólogo, físico e científico Mario Augusto Bunge, nomeado socio de honra en decembro do 2015».