Monteagudo presenta a súa biografía de Carlos Casares

La Voz

OURENSE CIUDAD

ALVARO BALLESTEROS

O Liceo de Ourense acollerá o acto no que participarán o autor, Víctor Freixanes e Xavier Casares

22 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Liceo de Ourense • A figura de Carlos Casares foi obxecto de análise e lembranza logo da súa morte nalgúns proxectos editoriais, como o de Ir Indo. A decisión da Real Academia Galega de adicarlle ao autor ourensán o Día das Letras Galegas está xerando novos propostas e iniciativas arredor do escritor. E Galaxia, a editorial que dirixiu o propio Casares, publica agora a primeira biografía do homenaxeado co 17 de Maio. Henrique Monteagudo é o autor de «Carlos Casares. Un contador de historias» e hoxe estará no Liceo de Ourense para presentar a publicación. No acto desta tarde (20.00 horas) Henrique Monteagudo estará acompañado por Víctor F. Freixanes e por Xavier Casares, irmán do homenaxeado, presidente do Liceo e da Fundación Carlos Casares.