O Festival de Cine Rural Carlos Velo pasará na cidade os traballos premiados

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Miguel Villar

As proxeccións serán na Biblioreca Nodal de Ourense os días 30 e 31 de marzo

29 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Festival Internacional de Cinema Rural Carlos Velo proxectará os traballos premiados nas súas tres edicións e organizará o segundo Encontro Arraiano de cinemas e cinclubes «de ambos lados da raia». Serán dúas xornadas de actividades, a desenvolver os días 30 e 31, e a iniciativa organízase en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, sendo os pases na Biblioteca Nodal de Ourense. As actividades foron presentadas onte no Liceo nunha rolda de prensa na que participaron Aser Álvarez e Plácido Romero.

Na primeira das sesións, a do xoves día 30, proxectaranse os traballos Minerita, de Raúl de la Fuente (España); Aupa Delibes, de Daniel Rivas Pacheco (España); Whale Valley, de Guðmundur Arnar Guðmundsson (Islandia e Dinamarca); Por siempre jamón, de Ruth Díaz (España) e Som Pastor, de Borja Zausen (España). O pase das curtas comezará ás 20.00 horas. Nesta primera xornada tamén está prevista a presentación da curtametraxe Carlos Velo en México, unha coproducción de Roberto López -discípulo de Velo-con Arraianos, Lareira Pop e o FICCVelo.

O día 31, a partir das 19.00 horas, celebrarase o encontro de cinemas e cineclubes «de ambos lados da raia» e a continuación -20.00 horas- pasarase o documental de Plácido Romero titulado Cesteando. Ao remate haberá un coloquio sobre o mesmo.