María do Ceo presenta o seu primeiro proxecto infantil

La Voz

OURENSE CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

O disco inclúe poemas de Armando González, Xosé Neira Vilas e Luís González Tosar

23 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Liceo de Ourense • María do Ceo presenta esta tarde o seu décimo terceiro traballo discográfico, un proxecto no que a cantante portuguesa afincada en Ourense cambia totalmente de rexistro para asinar o que é o seu primeiro traballo para o público infantil. Unha circunstancia, segundo recoñeceu na estrea do traballo en Compostela, na que xogou un papel destacado o feito de ser avoa dende hai catro anos. Naquela cita xa sinalou o seu convencemento de que «as cancións envían mensaxes e quero que os nenos aprendan a escoitalas». O disco de María do Ceo conta con doce poemas: oito de Armando González López, tres de Xosé Neira Vilas -un deles con música de Suso Vaamonde- e un de Luís González Tosar. O libro incorpora ilustracións feitas por rapaces e un prólogo de Xavier Casares. O traballo foi autoeditado e contou con apoio privado.