O Abril Oteriano volve ao encontro con Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

José López, o conselleiro de Cultura, participará na inauguración
José López, o conselleiro de Cultura, participará na inauguración Miguel souto

O conselleiro de Cultura participará na inauguración das xornadas

26 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 26 e 27 • Diferentes horarios • Liceo • O patriarca das letras galegas morría nun mes de abril e dende hai uns anos a Fundación Otero Pedrayo lembra o seu legado co Abril Oteriano. Serán dúas as xornadas que acollerán as actividades: hoxe en sesión de tarde e o sábado en horario de mañá. Ás seis da tarde terá lugar a presentación das actividades e na mesma contarase coa presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos, e o presidente da RAG, Víctor Freixanes. Media hora depois proxectaranse vídeos do arquivo de RTVE e intervirá Cruz Mato. Logo haberá unha sesión sobre «Epistolario entre Otero Pedrayo e Fernández del Riego» na que intervirán Alonso Montero e Patricia Arias. O sábado, ás once, Felipe Senén López impartirá a conferencia «Panceltismo, cristianismo e o espello de Irlanda na Galiza de Nós». Xosé López Silva pechará coa charla sobre a presenza das viaxes e a xeografía na obra de Otero Pedrayo.