Cita na capital galega do teatro

La Voz

RIBADAVIA

cedida

Ribadavia abre a Mostra cunha montaxe de Vaivén Circo e a obra inglesa «Golem»

15 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe (a MIT celébrase ata día 24) • 20.00 e 23.00 horas • Praza Maior e Auditorio Rubén García • 10 euros (castelo) • A capital galega do teatro viviu onte a emotiva xornada da pre-MIT, coa estrea da montaxe de Teatro do Vilar e a descuberta da placa que dá nome de Rubén García ao auditorio do castelo, e hoxe arrancan as representacións programadas para a Mostra.

 

Inauguración na Madalena

A primeira das sesións estará protagonizada pola compañía andaluza Vaivén Circo e a súa proposta escénica «Do not disturb. No molestar». A montaxe, dirixida por Rosa Díaz, «La Rous», conta coa participación de Miguel Ángel Moreno «Bolo», Raquel Pretil, Emilio López e Chema Martín. Poderase ver a partir das 20.00 horas na Praza Maior. Logo, ás 21.15 horas, terá lugar a inauguración oficial na Madalena.

Ás 23.00 horas, no castelo, ofrecerase «Golem», unha obra da compañía 1927, do Reino Unido. Dirixida por Suzanne Andrade, a proposta escénica conxuga teatro e videoproxección.