Voadora trae á MIT o «Soño dunha noite de verán»

La Voz

RIBADAVIA

cedida

A montaxe, na que participa a Mostra, pode verse no Auditorio Rubén García

21 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 e 23.00 horas • San Cristovo e Auditorio Rubén García • 7 euros (castelo) • Á Mostra de Ribadavia chega outro dos proxectos escénicos nos que se implicou a MIT: a montaxe «Soño dunha noite de verán» poderase ver esta noite no castelo. A obra creada sobre o texto orixinal de Shakespeare é unha iniciativa na que participaron Voadora, Festival de Almada, Iberescena, Marco Layera, Malverde Produçoes e a MIT e que se converteu nunha coprodución entre Galicia, Portugal, Chile e Brasil. Layera fixo a adaptación e a dirección deste Shakespeare trasladado aos tempos modernos correu a cargo de Marta Pazos.

 

Antes, ás 20.00 horas e dentro do programa SputMIT, poderase ver en San Cristovo a montaxe «Feo», da compañía galega Caramuxo Teatro.