A MIT de Ribadavia contará cun servizo de conciliación

La Voz

RIBADAVIA

<span lang= gl >O servizo de conciliación coincidirá coas obras que se representan no castelo pola noite</span>
O servizo de conciliación coincidirá coas obras que se representan no castelo pola noite Santi M. Amil

A Mostra xa ten á venda as entradas individuais

03 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 15 ao 23 de xullo • Diferentes escenarios e horarios • Ribadavia • A conta atrás para que a capital do teatro galego celebre a súa mostra anual xa comezou e logo de pechar o prazo reservado para a adquisición dos bonos xa se poden mercar as entradas individuais para os espectáculos do castelo, Madalena e Casa da Cultura. A MIT vai dando a coñecer pouco a pouco as súas proposta e onte anunciouse que este ano se vai contar cun servizo de conciliación, que como non podía ser doutro xeito terá carácter teatral, para que os cativos se acheguen de forma lúdica á realidade escénica. Funcionará dende as dez da noite ata que remate a función do Castelo de Ribadavia e estará coordinado por Rosa Puga Dávila, actriz e directora a Escola Municipal de Teatro de Ribadavia. Contará con quince prazas.