Premian a unha marca de leite e a un viño etiquetados en lingua galega

La Voz OURENSE

RIBADAVIA

César Fernández, vicepresidente de la Diputación; Pedro G. Boquete, de Leite Noso; o conselleiro de Medio Rural, José González; e Aníbal Blanco, de Adegas Tapias Mariñán
César Fernández, vicepresidente de la Diputación; Pedro G. Boquete, de Leite Noso; o conselleiro de Medio Rural, José González; e Aníbal Blanco, de Adegas Tapias Mariñán ALEJANDRO CAMBA

A Asociación Álvaro das Casas entregou os Bacelos de Prata a Leite Noso e Adegas Tapias Mariñán

08 oct 2023 . Actualizado a las 18:07 h.

A Asociación Álvaro das Casas entregou en Ribadavia os premios Bacelos de Prata para recoñecer a labor das empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos. Aníbal Blanco, de Adegas Tapias Mariñán, de Monterrei, e Pedro G. Boquete, de Leite Noso, recolleron os galardóns nun acto no que participou o conselleiro de Medio Rural, José González, que destacou a importancia do uso do galego no mundo empresarial. González puxo en valor a inclusión de aspectos culturais como o idioma que, ademais de proxectar Galicia como sinónimo da produción de excelencia e calidade, consolidan á comunidade como un destino atractivo. O conselleiro felicitou ás dúas empresas por ser capaces de valorar o potencial do rural galego e as oportunidades de futuro que hai nel.