«Este ano hai un castiñeiro no que a dedicatoria é emotiva»

Mabel villamarín

RIÓS

. santi m. amil

Os días 13 e 14 celébrase en Riós o noveno Festival das Artes Escénicas, unha cita que aúna cine e gastronomía

09 ago 2016 . Actualizado a las 19:46 h.

O creador do Festival das artes escénicas de Riós, Rubén Riós, avanza como será esta novena edición e cales son as novidades que achegan este ano. Ademais, fala da parte máis sentimental deste certame.

-¿Que novidades hai no festival este ano?

-Unha das novidades que fixemos este ano son as xornadas creativas. Nestas, rapaces e rapazas do rural terán a oportunidade de compartir experiencias con artistas que xa están a cumprir os seus obxectivos no eido da música, na pintura, na interpretación...

-¿Como foi a escolla dos elixidos para a Ruta do Talento?

- Este ano hai un castiñeiro no que a dedicatoria vai a ser moi emotiva para todos os rapaces e rapazas que nos criamos no rural galego, xa que vai ser adicada a Xosé Neiras Vilas. O primeiro castiñeiro que imos dar a título póstumo. Vai por el, en honor a Memorias dun neno labrego, no cal lle daba voz e liberdade ós mozos e mozas das aldeas. Ademáis, o outro castiñeiro vai a ser para os dous grandes clubes galegos.

-¿De onde saíu a idea de entregarlle a Castaña de Cristal a Susana Seivane?

-Cremos que Susana Seivane é unha rapaza que non só é gaiteira. O premio é tamén pola súa traxectoria e a da súa familia, os seus valores.

-A titulo persoal, ¿que é o que máis lle aporta este festival?

-Ver como rapaces e rapazas do rural galego, despois de ver a artistas conseguindo os seus obxectivos digan: «nós tamén podemos». Ó fin e o cabo, non necesitamos ídolos pero si referentes, e ter preto a artistas cumprindo soños é bo para eles.