A reciclaxe será protagonista dos campamentos de verán en Avión, San Cibrao, Pereiro e Castro Caldelas

A. Álvarez OURENSE

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

O obxectivo é formar aos usuarios nas boas prácticas ambientais e na xestión de residuos municipais

03 jul 2017 . Actualizado a las 19:19 h.

A campaña impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, «Oportunidades Galicia: Separemos ben, reciclaremos mellor» chegará aos campamentos de verán de San Cibrao, Pereiro Castro Caldelas y Avión. A fin, é instruir aos usuarios nas boas prácticas de reciclaxe, sostenibilidade medioambiental e na xestión de residuos municipais. Mañá a actividade terá lugar na Praza do Concello de San Cibrao en horario matinal, mentres que o día 10 celebrarase en Avión, o 20 en Pereiro de Aguiar e o 26 en Castro Caldelas. 

Os usuarios terán a oportunidade de asistir tanto a charlas como a distintas actividades para nutrir e reforzar a información en materia de reciclaxe, así como consultar todas as súas dúbidas. Os participantes recibirán material divulgativo para promover a súa sensibilización ambiental, co obxectivo de incrementar os índices de reciclado na comunidade galega.