Día de Galicia no campamento

La Voz

VERÍN

Verín celebrou o 25 de xullo por adiantado

25 jul 2017 . Actualizado a las 21:03 h.

Os nenos do campamento urbano de Verín festexaron onte o Día de Galicia. Primeiro xogaron nunha xincana do Camiño de Santiago, na que tras diferentes probas chegaron á catedral, e despois confeccionaron un mapa xigante de Galicia e das súas festas.