O «Regueifa Tour» fai parada en Viana do Bolo

La Voz

VIANA DO BOLO

BASILIO BELLO

A cita será hoxe á tarde

12 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 18.30 horas • Sala de exposicións de Viana do Bolo • O «Regueifa Tour» chega esta tarde a Viana do Bolo co obxectivo de levar a improvisación oral a espazos onde se reúna xente nova en festas de poesía cantada, fóra do horario escolar. As regueifeiras da Escola Semente de Compostela, Estrela do Courel, Nântia, Maré a Muda e Joana de Toba,- farán unha mostra da vitalidade da regueifa, forma de improvisación propia do occidente galego. A brindadora do Courel, Tegra Veiga, improvisará brindos, o xénero de poesía cantada improvisada da montaña courelá.

A actividade ten entrada de balde e está aberta a todos os interesados en participar, buscando sobre todo implicar á rapazada.