As xornadas Curtas GZ afondan na historia e na realidade do sector

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

14 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Na Facultade de Ciencias Sociais estanse a desenvolver unhas xornadas da curtametraxe galega que teñen por obxectivo afondar no coñecemento do curtametraxismo e crear un punto de encontro para o debate. Se onte, xornada inaugural, as conferencias versaron sobre a historia do sector e o aporte do cine galego á historia da filmografía universal, fundamentalmente o chamado cinema de emigración representado na figura de José Gil y Gil, na de hoxe buscarase achegar unha visión máis actual do curtametraxismo, comenzando a sesión ás 10.30 cun debate sobre a súa promoción e axudas, no que está anunciada a participación de Afonso Pato, director de Onda Curta, na TVG, e Xoan Mariño, director de Mr. Misto Films, Logo, ás 12, haberá unha mesa redonda na que se dará conta dos certames de curtas máis importantes de Galicia, contando con algúns dos seus organizadores, como Beatriz Rodríguez de Curtocircuito de Santiago, Xoán Mariño do Festival On/Off de ribadeo, e Afonso Pato, Festival de Cans de O Porriño. Durante a tarde terán lugar proxeccións de curtas galegas como A meiga chuchona, As cores do frío o Meniña, coa presenza dos seus directores, respectivamente, Anxo Cendal, Pablo Millán e Dani García.