A lonxa virtual é unha realidade

Alfredo López Penide
López Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Os usuarios poderán mercar en tempo real das prazas de Poio, Marín, Bueu e Portonovo

23 oct 2014 . Actualizado a las 13:01 h.

O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra acaba de anunciar a posta en marcha dunha lonxa virtual, tamén denominada Programa de Dinamización da plataforma de comercialización conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra. A través do portal de Internet Pescadoartesanal.com buscase «a difusión, sensibilización e dinamización do sector pesqueiro, acorde ás accións previstas no Plan Estratéxico Zonal».

Ao tempo, acadarase fomentar produtos da Ría de Pontevedra, «facilitando a compra en diferentes lonxas no mesmo instante a través da apertura dunha canle que proporcione información anticipada, puntual e en tempo real do produto das lonxas». Pola súa banda, os comercializadores terán ocasión de «ofertar o peixe e marisco dende a mesma plataforma, tanto os establecemento de venda como a hostalaría», de tal xeito que se integrará «toda a cadea, dende o produtor ata o consumidor final».