Unha práctica a erradicar xa

Francisco Couselo PTE. FEDERACIÓN PROV. CAZA

PONTEVEDRA

23 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Acifra oficial é de 47 casos de envelenamento nos montes en 19 anos. Se a analizamos en profundidade, non nos parecen moitos, pero nos avogamos porque se convertan en cero. Sexa como sexa hai que erradicar o veleno nos montes, porque esta práctica mata e dunha forma que non é selectiva. As veces hai que o utiliza cun fin determinado, sen pensar nas consecuencias. Estas últimas nunca son as que se esperan e, ademais, son catastróficas para o medio ambiente.

Quero tamén rexeitar as ideas que relacionan o veleno no monte coa caza. Quero deixar claro que non é así e que esta práctica ilegal xurde tanto da ignorancia como da maldade, e prefiro pensar que é máis como froito da ignorancia que da maldade. As persoas que deixan o veleno nun espazo aberto non saben o dano que producen. Os cazadores somos os primeiros en colaborar coas autoridades cando se detecta un caso. As primeiras vítimas soen ser os nosos animais e é unha perda impagable que vaias ao monte e volvas sen un compañeiro como é o teu can.

Eu creo que se debe perseguir esta práctica ilegal e que as normas deben aplicarse ata erradicala. Tamén quero recordar que o veleno non só é un cebo solto no monte. Hai aerosois e herbicidas que hai que ter en conta por igual porque tamén afectan ao medio ambiente.

Nunca perdín un can por veleno pero si que sentín a impotencia ao escoitar a quen lle pasou e o temor de que te pase o mesmo. Atopar veleno no monte ten que ser una mala experiencia do pasado e que nunca se repita no futuro. Aos cazadores tamén nos interesa erradicalo e canto antes.