Diputación de Pontevedra e Fundación Alexandre Bóveda colaborarán para por en valor a figura do galeguista

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Un momento da reunión de Rafa Domínguez e Valentín Bóveda
Un momento da reunión de Rafa Domínguez e Valentín Bóveda DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

El vicepresidente Rafa Domínguez confirmó su presencia en el homenaje del 17 de agosto en A Caeira

08 ago 2023 . Actualizado a las 09:24 h.

Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, y Valentín Bóveda, da Fundación Alexandre Bóveda, mantiveron este luns unha reunión para explorar posible vías de colaboración co obxectivo de salvagardar a figura do histórico político pontevedrés asasinado polos franquistas o 17 de agosto de 1936. O vicepresidente amosou o seu compromiso co fomento e a difusión da historia de Alexandre Bóveda, así como apostou por reforzar o compromiso da institución provincial coa fundación que leva o seu nome e que traballa activamente na salvagarda da súa figura.

Durante o encontro, o dirixente popular sinalou que a Fundación Alexandre Bóveda desempeña un papel fundamental na preservación da cultural galega, ao tempo que asegurou o compromiso da Deputación de Pontevedra á hora de apoiar o seu labor para garantir a conservación da riqueza cultural que define a Galicia e á provincia de Pontevedra. Deste xeito, garantiu que «a colaboración entre a Deputación de Pontevedra desde o gabinete que el lidera e a Fundación Alexandre Bóveda contribuirá a dar unha maior visibilidade á historia de Bóveda a nivel local e internacional».

Día da Galiza Mártir

Por outra banda, desde la Administración provincial resaltaron o significativo deste encontro, xa que é o primeiro que leva a cabo Domínguez trala delegación das súas áreas, neste caso como responsable do departamento de Memoria Histórica. Neste sentido, o vicepresidente confirmou que a próxima semana participará nos actos do Día da Galiza Mártir, que se celebra todos os 17 de agosto na Caeira en homenaxe ao político como símbolo das persoas que sufriron a represión franquista.