Derradeira xornada en Bueu do Encontro do Millo Corvo

BUEU

MARCOS CREO

Ailá poñerá o peche musical a esta edición

07 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O lugar de Meiro, no municipio de Bueu, acolle este domingo a derradeira xornada do vinte e catro Encontro-Degustación do Millo Corvo, que organizan a Asociación Cultural de Meiro e o Concello. A programación prevista para hoxe comezará ás 11 horas cunha andaina polos Muíños do Canudo para, a continuación, presentarse o libro Cociñeiras con Talento, de Xavier Castro, acto no que se contará con Carlota Román García, licenciada en filoloxía e primeira muller en presidir o Ateneo de Pontevedra. Ás 13.30 horas, actuación de PÄRBO-Riobó &; Pintos Duet.

Xa pola tarde, dende as 16 horas, un obradoiro de xabón cosmético, unha charla do médico Juan José Núñez sobre nutrición fisiolóxica e consciente, o espectáculo infantil Consertasso na horta a cargo de Brais das Hortas e un encontro aberto con Aroprodutor@s do Morrazo antes de rematar, en torno ás 19.30 horas, coa actuación musical de Ailá, proposta inspirada na música de transmisión oral.