Arrancan en Pontevedra as visitas guiadas de «A cidade é a pegada»

PONTEVEDRA CIUDAD

CONCELLO DE PONTEVEDRA

10 feb 2023 . Actualizado a las 22:43 h.

Despois de que o xoves empezasen as visitas guiadas para entidades sociais, asociacións, centros socioculturais... á exposición A cidade é a pegada no Pazo da Cultura, este sábado arrancarán as dirixidas a un público xeral e familiar. VacíoCero, a xestora formada por Basilisa Fiestras Cachafeiro, Alexandra Rodríguez Rey e María Gar será a encargada desta iniciativa á que se poderá acceder mediante reserva na plataforma apuntate.pontevedra.gal.

No caso do público xeral e familiar están previstas as quendas dos sábados 11 de febreiro, 4 e 18 de marzo ás 18.30 horas, así como os domingos 26 de febreiro e 12 de marzo ás 12 horas.

Neste sentido, Alexandra Rodríguez destacou que este proxecto expositivo é o claro exemplo de que «cando todas as partes implicadas do proxecto queren que saía ben, sae ben. O comisariado, ademais da excelente labor que fixo ao concibir a exposición estivo sempre disposto a quedar con nós, facilitarnos material...».