Carlos Solla e Tino Baz, nas xornadas de «Pensamento e creación»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

AULA CASTELAO

A iniciativa está impulada pola Aula Castelao e a Universidade de Vigo

23 abr 2024 . Actualizado a las 19:08 h.

En colaboración coa Universidade de Vigo, o Aula Castelao de Pontevedra desenvolve as xornadas Pensamento e creación. Este mércores, a partires das 17.30 horas na Casa das Campás, Carlos Solla aborda as Soidades do alfabeto: Foulas e prodixios do pasado.

No seu libro Soidades do alfabeto, o escritor pontevedrés «fai un exercicio de memoria, requintada coa cerna da palabra», de tal xeito que «rescata da gabeta dos extravíos un mañuzo de apuntamentos etnográficos, recollidos en Terra de Montes nos anos noventa».

Ademais, baixo o título de A palabra no eido musical. Tradición e creatividade, desenvolverase unha actuación de Tino Baz, quen empregará «a palabra como segmento creativo no aspecto musical e vocal». Así, a linguaxe poética é «soporte fundamental da dimensión artística do canto como creación da memoria, e como esta se sementa da oralidade para desenvolverse a través de múltiples fontes».