A Festa do Mar de Vilaboa alcanza a súa terceira edición

Alfredo López Penide
L. Penide VILABOA / LA VOZ

VILABOA

CONCELLO DE VILABOA

A cita contará hoxe coas actuacións da Banda de Gaitas e Baile Aires de Cobres e a Fanfarria Taquekardia

13 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Nesta terceira edición da Festa do Mar de Vilaboa a promoción gastronómica irá ligada «a un potente programa musical e mesmo actividades infantís». Así o confirmaron o alcalde César Poza e a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, na presentación dunha cita que este sábado contará coas actuacións da Banda de Gaitas e Baile Aires de Cobres (13 horas) e a Fanfarria Taquekardia (21 h.).

Pola súa banda, as casetas de degustación estarán abertas de 12 a 17 e de 19 a 24 horas. Entre os produtos a degustar, «a cornicha é a principal novidade deste ano e prestarase a novidosas presentacións», destacaron dende o Concello de Vilaboa, ao tempo que aludiron a que a cita «contará tamén cunha cata na que o xurado estará integrado por bateeiros e mariscadoras que outorgarán tres premios ao sabor, a innovación e a presentación».

En canto aos restaurantes colaboradores coa Festa do Mar, manterán os prezos do ano pasado para as tapas que servirán.