«A biblioteca é o corazón dos centros educativos e culturais»

Joel Gómez SANTIAGO DE COMPOSTELA

SANTIAGO

O conselleiro Xesús Vázquez celebrou o Dia do Libro no colexio de Fontiñas, onde convidou á ler a escolares do centro

23 abr 2014 . Actualizado a las 15:23 h.

«Quen ten un libro ten unha xoia» e «quen le é un home ou unha muller con fortuna», afirmou o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, na súa intervención perante escolares de primaria do colexio público de Fontiñas. Compartiu con eles a conmemoración do Día do Libro durante case unha hora. Vázquez dixo que «a biblioteca é o corazón dos centros educativos e culturais». Convidou ao grupo de escolares presentes para que dediquen a ler cada dia vinte minutos máis do tempo que precisen para o seu traballo do colexio, pois desa maneira terán mais facilidade no futuro nos seus estudos.

O conselleiro asistiu à lectura dun libro, realizada conxuntamente polo alumnado das duas aulas de quinto de primaria do centro de Fontiñas, que hoxe principia as actividades conmemorativas do seu vixésimo aniversario. Tamén escoitou o conto O homiño de papel, e participou nunha entrega de agasallos a tres escolares por um traballo didáctico sobre mulleres que fan historia.