Un uso moi medido do coche oficial

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

19 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Fuxe do coche oficial todo o que pode. De feito, este xa non está na praza do Obradoiro e só se move para o imprescindible. O seu é andar e o demostra a diario, tamén na súa actividade municipal, ata o punto de asegurar que «é difícil atopar a alguén que pasee tanto» coma el. Incluso aprendeu a apreciar a soidade do camiñante de paso apurado, aínda que a súa irrupción na escea local fai que este se interrompa cada vez máis. Como conselleiro podían recoñecelo, pero non interrompían a súa marcha. Como alcalde iso é máis difícil. A rúa esixe máis, admite, pero tamén valora que o seu novo papel «é máis agradecido» e «gratificante» nese senso.