Os alumnos do Maruxa Mallo mostran a súa creatividade no Festival Bardista

SANTIAGO

Alumnos do instituto ordense actuando durante o festival .
Alumnos do instituto ordense actuando durante o festival . a. p.< / span>

20 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa da Cultura de Ordes era onte un fervedeiro de rapaces e rapazas, entusiasmados na derradeira xornada lectiva antes do Nadal pero, sobre todo, emocionados agardando o seu momento no terceiro Festival Bardista, un certame de libre expresión organizado polo instituto Maruxa Mallo no que estudan. En total, participaron un total de 117 alumnos e alumnas. E os restantes ata os 259 que integran o alumnado do centro, ocuparon as butacas do auditorio para entregarse como público perante as interpretacións dos seus compañeiros. Unhas actuacións que, por tratarse dun certame libre no que cadaquén podía facer o que quixera e como quixera, foron do máis variadas. Monólogos, obras de teatro, pezas audiovisuais ou coreografía. Tres horas de risas e diversión, tamén reflexión e sobre todo, de moito talento.

«A nosa idea era fuxir do típico festival de Nadal no que os alumnos fan o que os profesores lles mandamos», comenta Xosé Manuel Dopazo, director do centro. E a resposta dos alumnos non pode ser mellor. Unhas rapazas aseguraban antes minutos antes de subir ao escenario que un festival deste tipo resulta «moi motivador porque che dan plena liberdade e ti asumes toda a responsabilidade do que fas: tes que madurar a idea, darlle forma e poñela en práctica». É por iso polo que o profesorado tamén o concibe coma unha ocasión para traballar contidos de materias diversas: a creatividade, o traballo en grupo, a expresión oral e corporal, a memoria. «Ao final, trátase de aprender, que é ao que vimos aquí», sentenza Dopazo.

Ao remate do certame, no que resultaron gañadores unha coreografía, un dúo humorístico, un conxunto de pezas teatrais e unha pequena curtametraxe, o director do centro amosábase ?orgulloso do alumnado?, por ser capaces de combinar momentos de humor con outros nos que abordaron problemáticas sociais como a violencia de xénero ou temas de actualidade.

actuación de nadal no auditorio