Dodro converte a entrega do premio Eusebio Lorenzo nunha festa literaria

u. l. dodro / lA voz< / span>

SANTIAGO

21 dic 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Dodro entregou onte o XXVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, nun acto celebrado no colexio que leva o nome do poeta e que foi toda unha «festa literaria» a que asistiron moitos veciños, entre eles a familia do escritor de Laíño.

O arousán Ramón Neto, que reside en Bruselas, recolleu o premio de mans do alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín, e do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Neto recibe 2.300 euros pola súa obra titulada Zonas de tránsito, ademais da publicación da mesma. O autor declarouse «moi contento» por gañalo certame.

O alcalde anunciou na súa intervención que a próxima edición do premio, que quedou convocada onte, renderá homenaxe a dúas figuras vencelladas a Eusebio Lorenzo, como foron Luis Pimentel e o portugués Ramos Rosa.