Queremos Galego celebra unha mobilización o 17 co lema «O idioma é a vida»

Joel Gómez SANTIAGO

SANTIAGO

Partirá da Alameda de Compostela e finalizará na praza da Quintana cunha festa reivindicativa

02 may 2016 . Actualizado a las 12:55 h.

Reivindicar «que non haxa limites para o galego» é o obxectivo da mobilización  que celebra o martes 17, Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galegos. Baixo o lema ?«O idioma é a vida»,  que é un verso do poema ?Fala? de Manuel María, comezarán as actividades  ás 12.00, na Alameda de Compostela, cunha manifestación que, tras percorrer ruas da cidade, finalizará cunha festa reivindicativa na praza da Quintana. Ali actuarán Mini e Mero e outros artistas, que musicarán poesias de Manuel María, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz de Queremos Galego, salientou que tamén se lembrará nesta mobilización o feito de que, desde hai 100 anos, existan organizacións dedicadas á defensa da língua. Deste modo homenaxarán o traballo realizado polas Irmandades da Fala, fundadas en 1916.

Maceira insistiu en que se reclaman máis usos para o galego, para que teña unha «oficialidade real e plena».  Reprobou a política da actual Xunta, e a recente decisión do Tribunal Superior de Xustiza contra a ordenanza do uso do idioma en Lugo, e reiterou as súas proclamas para modificar a lexislación vixente e conseguir que o galego teña igualdade de condicións co castelán.