Os nenos coñecen os servizos á comunidade

La Voz NEGREIRA / LA VOZ

SANTIAGO

Recibiron a visita dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais

22 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro do proxecto de coñecemento das profesións de servizo á comunidade, os nenos da Escola Infantil de Negreira, xunto coas súas profesoras e coidadoras, recibiron onte a visita de técnicos do 061, dun axente da Policía Local -quen agasallounos cun silbato a cada un-, e mesmo da pediatra de Negreira, a doutora Alonso, quen lles fixo unha mini consulta. O colofón foi a presenza onte na escola de efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Brión, quenes lle mostraron unha parte do material co que desenvolven o seu labor, entre eles, o seu camión de bombeiros.