Milladoiro volve atoparse con Compostela logo de sete anos

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO

SANTIAGO

Concierto de Milladoiro en A Quintana
Concierto de Milladoiro en A Quintana Álvaro Ballesteros

O grupo pechará o sábado o sexto Certame Folk, que este ano terá convidados internacionais

17 jul 2017 . Actualizado a las 18:51 h.

«Reencontrarse con Compostela é unha satisfacción enorme». Logo de sete anos sen actuar en Santiago, o grupo Milladoiro volverá dar un concerto na praza da Quintana, «un sitio emblemático». A súa actuación pechará a sexta edición do Certame Folk organizado por La Voz, cunha «programación intensa» que presentaron esta mañá o concelleiro Jorge Duarte, o músico de Milladoiro Pepe Ferreirós e o delegado de La Voz en Santiago, Ignacio Carballo.

Esta sexta edición, que demostra a consolidación do festival, contará por primeira vez coa presenza dun grupo internacional. A Dominic Graham School aprenderá a todo aquel que queira os alicerces da danza tradicional irlandesa e ademais colaborará con Milladoiro, que tamén contará cos bailaríns Eva Faraldo e Xesús Quiroga no seu espectáculo. O certame, que contará con grupos emerxentes como Ghaveta e Lagharteiras, estará presentado por Xabier Díaz.

Porén, un dos grandes acertos deste festival é a vocación familiar, segundo salientou Ferreirós, cunha programación pensada tamén para os cativos, como Trío Refugallo e Peter Punk.