Organizan unha lectura ininterrumpida da obra de Nélida Piñón en maio en Santiago e Río de Janeiro

La Voz

SANTIAGO

Nélida Piñón, nun encontro literario en Santiago
Nélida Piñón, nun encontro literario en Santiago Xoán A. Soler

A actividade, impulsada por Agal, será os días 3 e 4 de maio en homenaxe a autora

18 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Associaçom Galega da Língua (Agal) organiza unha homenaxe á escritora Nélida Piñón cunha lectura pública continuada da súa obra «A república dos soños» os días 3 e 4 de maio. Esta actividade conta tamén coa coorganización da Academia Brasileira das Letras, xa que a lectura comezará en Río de Janeiro o día 3 e continuará en Santiago, na Cidade da Cultura, ata o día 4.

Para participar nesta homenaxe e na lectura, que coincidirá coa data de nacemento de Nélida Piñón —3 de maio—, desde Agal abriron o prazo de inscrición. Pódese reservar hora e tamén enviar vídeos, que serán emitidos entre ás 24 e as 10 horas do día 4 de maio.