A feira de Arzúa e o queixo

Francisco Xabier Souto Ares

ARZÚA

03 mar 2015 . Actualizado a las 16:58 h.

?Se celebró hoy en la villa de Arzúa, la renombrada feria quincenal que en dicho punto tiene lugar, en la que suelen presentarse hermosos ejemplares de ganado y productos de aquel país?. Así se refería á feira de Arzúa o xornal El Correo de Galicia en 1906. Pero xa o Dr. Pedro Antonio Sánchez deixara escrito en 1692 que as ?regatonas? chegaban dende Santiago a feiras lonxanas, ?como es la feria de la Arzua?. Xa no século XX, ás ?regatonas? e aos tratantes sumábanse figuras coma as de D. Recargo ou Toribio o de Boimorto, que irrumpían de cando en vez na feira, co obxectivo de abastecer de queixos e capóns ?á los políticos de la Corte, en pago de favores é influencia?. O queixo de Arzúa, ao que Rof Codina chamaba ?queso gallego, posuía xa, a comezos desa centuria, un considerable prestixio entre os produtos do país, como fan notar diversos anuncios na prensa da época. Xa en 1857 se incluíran nunha relación de obxectos a enviar a unha exposición agrícola en Madrid dúas libras de queixo de Arzúa e, dende 1905, a fábrica El Orjal anunciaba os seus ?exquisitos quesos?, que vendía nas principais cidades galegas. Da feira sábese que en febreiro de 1897 ?los quesos fueron muy solicitados?, e en 1910 ?los quesos fueron abundantes, como siempre?. O decomiso en 1939 de máis de 489 kilos de queixo dá unha idea das cantidades que se mobilizaban. A recentemente celebrada Festa do Queixo funde nesta feira as súas raíces.

Nestes antecedentes documentais fundaméntase a ?Festa do Queixo? pero o prestixioso escritor Neira Vilas dicía no seu pregón, pronunciado con motivo da 21 edición da Festa no 1996, que  ??os celtas xa manexaban dalgún xeito o leite para poder conservalo en forma de queixo?. Nestes feitos  e no traballo arreo e teimudo das queixeiras, non sempre debidamente recoñecido, aséntase a ?Festa do Queixo? da que se celebrou con grande éxito a 40ª edición o pasado día 1 de Marzo.