Por segundo ano consecutivo, o instituto Xulián Magariños plántase na final do club de Debate tras obter o seu primeiro equipo unha valoración de 330 puntos do xurado, superando en corenta a Os Miudiños, do IES de Ames, no que foi a fase de zona celebrada onte no auditorio de Negreira. «¿Galicia pode vivir do sector primario?» foi o tema escollido para os seis debates entre outros tantos equipos, dous deles, do concello anfitrión, e os outros catro de Ames (tres del IES de Bertamiráns e un do IES de Milladoiro).
«Nós somos o futuro inmediato deste país, e senón pensamos que Galicia pode vivir do sector primario, non a estamos imaxinando, estamos aceptando o que un sistema capitalista preparou para nós, pero esa non será a nosa Galicia», dicía Laura Barbosa, estudante de Negreira, do grupo 2 do seu instituto, que acadou o terceiro posto con 288 puntos, o cal dános unha idea do traballo e investigación que hai detrás da preparación cos seus profesores. Carme Pereiro, técnica de Normalización Lingüística do Agrupamento A Baña-Negreira comentou que «hai moitísima tolerancia, tanto no que implica ser capaz de argumentar a favor e, tamén en contra do que está dicindo o equipo contrario», ademais da posibilidade de convivencia entre eles.
Os dous equipos vencedores desta fase de zona obtiveron premios valorados en 500 e 300 euros, respectivamente, e agardan coñecer aos seus rivais na final de Pontevedra. Nesta iniciativa na tamén participan institutos de Santiago, A Coruña, Ferrol, Carballo, Pontevedra e de O Carballiño.
Crónica Concurso-DEBATE entre os alumnos da comarca