Francisco Javier Fernández Dávila gaña o premio Xosé M. López «Ardeiro» co poemario «Palabras mortas»

E. Forján NEGREIRA / LA VOZ

NEGREIRA

Paco Rodríguez

O finalista foi Francisco Vila Díaz, coa obra «Estanque de tormentas»

21 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Francisco Javier Fernández Dávila, de Panxón (Nigrán), co poemario «Palabras mortas», é o gañador do XII Certame de Poesía Xosé M. López «Ardeiro», convocado polo Concello de Negreira e coa colaboración da Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Xunta de Galicia. Este premio está dotado con 2.500 euros en metálico e a entrega de 300 exemplares da edición do poemario gañador.

O finalista foi Francisco Vila Díaz, de Monforte de Lemos, coa obra «Estanque de tormentas». Obtén un premio en metálico de 500 euros.

O acto celebrado onte no auditorio Afonso Eanes do Cotón contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez. Encargouse de amenizar o mesmo a cantante Judith Cundíns.

O xurado estivo composto por José Antonio Ponte Far, como presidente; María Rey, como secretaria; e os escritores e críticos literarios Xulio López Valcárcel; María López Sández e Diana Varela.