A asociación Chorima celebra a terceira edición do Naturfest

La Voz

ROIS

28 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Por terceiro ano, o Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima, de Rois, organiza para mañá a súa festa anual, Naturfest, na carballeira do Soutullo. O programa comezará ás 10 horas cunha andaina de dez quilómetros e un trail de catorce. Dende esa hora tamén haberá xogos tradicionais. Ás dúas da tarde haberá unha comida campestre, mentres que ás catro chegará o campionato de truco e dende as seis haberá o festival folclórico.