Uns 2.000 atletas de 17 centros de ensino participan na Correlingua de Santiago

J. G

VEDRA

Xoán A. Soler

A chuvia fixo aparición ao final, cando actuaba o grupo Liviao de Marrao, gañador do Cantalingua

13 may 2016 . Actualizado a las 18:13 h.

Alumnado e docentes de dezasete centros de ensino non universitario, a maioria de Santiago e outros chegados de Melide, Vedra, Ames, Rois e Padrón, participaron na carreira en defensa do idioma Correlingua. Todos levaban un gorro azul e calzado deportivo para realizar un itinerario que comezou ás 11.00 horas na praza da Quintana, para finalizar nese mesmo espazo por volta das 12.45, coa festa final: actuación de Talía Teatro para presentar, lectura do Manifesto por tres estudantes do IES Lamas de Abade, e actuación do grupo Liviao do Marrao, gañador do concurso Cantalingua. Houbo tamén premios para os 8 centros que presentaron animación, pois a organización quixo evitar esta vez a competitividade e recoñecer o esforzo de todos. Cando estaba no palco este conxunto musical comezou a chover, aínda que con pouca intensidade; no resto da xornada, aínda que ameazaba, non choveu. O alumnado participante percorreu varias ruas da zona monumental da cidade.

A proba estaba encabeza por unha faixa, co lema O galego está en nós, que tamén portaban outros participantes. Había máis, como unha onde se lía Ti fala que queiras, pero os que falamos galego ligamos. Houbo premios de animación para todos os centros. O secretario de CIG Ensino, Anxo Louzao, afirmaba que a convocatoria da reválida restou algunha afluencia, pois houbo docentes que non se puderon sumar por ter que estar pendentes da organización desta proba e iso impediu a presenza de alguns centros; tamén valorou moi positivamente a participación, o carácter lúdico-reivindicativo da proba, e demandou unha nova política lingüística para o ensino do país.

Correlingua ten este año 12 edicións. Comezou en Pontevedra o día 2 eo 16 está programada a proba final, en Ponteareas.