Última hora
El Tribunal Supremo anula el nombramiento de Dolores Delgado como fiscal de Memoria Democrática

A CRTVG presenta AGalega, unha nova plataforma dixital de contidos

la voz REDACCIÓN

SOCIEDAD

CEDIDA

Reúne máis de 1.400 títulos de series, cine, programas infantiles e radio, en aberto e a demanda

18 ene 2024 . Actualizado a las 15:31 h.

«AGalega é moito máis». Este é o slogan co que nace a plataforma dixital de contidos audiovisuais da CRTVG: AGalega. Coa súa estrea, a CRTVG reconfigura a súa estrutura dixital e ofrece os seus contidos de ficción, entretemento, cine, series, animación, documentais, podcasts, directos e contidos exclusivos, a través da maior plataforma dixital audiovisual en galego do mundo.

AGalega incorpora máis de 1.400 contidos audiovisuais que están xa a disposición da audiencia, a demanda, e cun abano de títulos que abarca desde as series e programas míticos da TVG ata espazos nativos dixitais desenvolvidos exclusivamente para a plataforma. AGalega nace con dúas apps integradas, pero que tamén se poden descargar de forma individual. Para os máis cativos, nace a nova app Xabarín con novidades como Os Argonautas e a moeda de ouro ou Valentina, que se vai estrear como contido exclusivo na plataforma. A app do Xabarín estréase tamén con máis de 1.400 contidos propios xa publicados.

E arranca ademais AGalega Audio, con todos os servizos e canles da Radio Galega integrados, cos directos e contidos exclusivos. «Un novo xeito de consumo que incorpora a radio visual, coa programación desde o estudio multimedia e ao que se suman todos os podcasts e contidos nativos dixitais, cun total de 4.500 audios xa dispoñibles na app», según explican.

A AGalega pode accederse vía web a través de www.agalega.gal, e tamén pode descargarse AGalega (escrito sen espazos) desde Google Play e App Store. En febreiro estará dispoñible nas televisións intelixentes, en Fire TV, LG e Samsung. Ao xeito das plataformas dixitais internacionais, recoméndase o rexistro para gozar de todas as posibilidades que se lle ofrecen ao usuario: a suxestión de títulos que poden gustar, a posibilidade de engadir contidos á lista propia ou recibir as notificacións coas últimas novidades.

A gala de presentación de AGalega tivo lugar este mércores na Cidade da Culturade Santiago. O acto estivo presentado por Esther Estévez e Miguel Mandayo, e interviñeron Xosé Pereira, director da área de Innovación e Negocio da CRTVG, e Rosa Vilas, adxunta da dirección xeral e directora de Organización e Xestión do Cambio. Pechou o evento o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Entre os máis de 250 asistentes contábase unha nutrida representación de autoridades, con presenza de directores xerais doutros entes da FORTA, do sector audiovisual galego e tamén de traballadores da Corporación. A finalización deste proxecto de plataforma OTT (over-the-top) marca un fito na culminación do proceso de dixitalización da Corporación, que se verá completado coa estrea do novo plató 300 de Informativos. Na actual contorna internacional, coa data da fin das emisións en TDT prevista para 2030, a CRTVG culmina a súa transición ao eido dixital e abre o tempo do consumo á demanda, en aberto, dos contidos en lingua galega para todo o mundo.

 

De «Padre Casares» a «Saudade de ti», las series míticas

No novo proxecto da CRTVG os contidos tanto da plataforma como das apps irán mudando e medrando ao longo do tempo. AGalega parte xa con contidos exclusivos que só se poderán ver na plataforma. Este será el caso de series como Na Gloria, interpretada por Xosé Touriñán e Dani Rovira, ou Ghuasapp, que verán a luz exclusivamente na contorna dixital. Tamén Os sen nome, un documental sobre o accidente aéreo ocorrido en Montrove, o 13 de agosto de 1978, é outro dos contidos únicos; o mesmo que a película para cativos que foi candidata ao Goya Valentina. Outro dos atractivos que presenta a nova plataforma é a sección de música, chamada Palco, que contará co último concerto de Amancio Prada coa Filharmonía de Galicia, entre outros contidos.

AGalega contará con todas as canles de directo de televisión e radio que ofrece agora mesmo a CRTVG, polo que poderá verse a televisión convencional tamén a través desta plataforma.

Outro dos reclamos da plataforma é a dispoñibilidade das series míticas da TVG combinadas coas máis modernas. Padre Casares, Pratos combinados ou Mareas vivas comparten escena coas novas creacións que tamén marcaron época: Saudade de ti, Auga Seca, A Estiba, Operación Marea Negra, O sabor das margaridas e O faro, entre moitas outras. Os seguidores poderán disfrutalas en aberto e coa totalidade dos seus capítulos.