TVG grava a comedia «Na gloria» para a súa plataforma dixital

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Dani Rovira e Cristina Castaño, na serie «Na gloria»
Dani Rovira e Cristina Castaño, na serie «Na gloria» CRTVG

Cristina Castaño e Dani Rovira protagonizan esta producción de ficción que chegará por «streaming» á plataforma AGalega

08 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Televisión de Galicia grava estes días en Culleredo a serie Na gloria, «unha comedia dirixida ao público familiar» e que está destinada a ser a primeira grande producción de ficción que chegará en exclusiva á plataforma de vídeo baixo demanda da TVG, AGalega.

A serie ten como protagonistas á actriz galega Cristina Castaño e ao intérprete e humorista andaluz Dani Rovira. Tamén integran o seu reparto Xosé Antonio Touriñán, David Perdomo e Lucía Veiga, entre outros.

Na Gloria é un proxecto orixinal de Andrés Mahía, Xosé Castro e Xosé Antonio Touriñán e conta coa produción de Tex45 e Undodez. A trama desenvólvense na imaxinaria localidade de A Gloria, unha pequena poboación situada ao pé do Camiño Francés. Alí é onde unha executiva que atravesa unha crise existencial (Cristina Castaño) decide darlle un cambio radical á súa vida e converter a casa dos seus avós nun hotel para peregrinos. Para levar a cabo o seu soño contará coa axuda do seu mellor amigo, un chef vegano de fama internacional (Dani Rovira). A chegada dos dous chocará coa vida da aldea, onde a protagonista viviu os felices veráns da infancia e agora atravesa moitas situacións de estrés.

Esta comedia de 15 capítulos retrata o choque dos urbanitas, que idealizan as bondades do campo, e os ruralitas, que soñan con máis oportunidades.