Cousas chega ao teatro pobrense da man dos Quinquilláns

La Voz

BARBANZA

cedida

Terá lugar hoxe ás 20.00 horas no teatro Elma

23 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Teatro Elma (A Pobra) • 20.00 horas • Lucho Penabade e Tero Rodríguez son os protagonistas da adaptación que a compañía Os Quinquilláns fixo dunha das obras máis coñecidas de Castelao, Cousas. A obra chega á vila pobrense precedida dunha moi boa crítica, debido sobre todo á súa coidada escenografía. Para a distribución desta montaxe, a agrupación teatral conta coa colaboración da editorial Galaxia. De feito, todas aquelas persoas que esta tarde se dean cita no teatro Elma, demais de gozar da representación, recibirán como agasallo un exemplar da obra do escritor rianxeiro.