O concerto da Banda ribadense do día 27 estará dedicado a Naval

La Voz

A MARIÑA

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 27 • 20.30 horas • Teatro • Todos os anos dáse unha cita clásica en Ribadeo, este ano aprazada. É o concerto da Banda Municipal de Música que fará agardar ao público ata o día 27 pola falla de disponibilidade agora dalgúns músicos da formación, explicou o director David Ballester: «Para poder ofrecer un mellor concerto decidimos aprazalo estes dez días». Avanzou que, sendo o 25 aniversario da banda, tocarán Lonxe do mar, obra do primeiro director e fundador da Banda Municipal de Música de Ribadeo, Hernán Naval, ao que homenaxean.