«Dakota» de Masha, gaña o Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar

a. ferreiroa LALÍN / LA VOZ

GONDOMAR

11 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A obra Dakota, de María Álvarez Martínez Masha, licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e poeta que vive entre Lalín e Arcade, acaba de proclamarse gañadora do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar.

 O xurado deste prestixioso premio, que conleva a publicación da obra por parte da editorial Galaxia ademais dunha dotación de 4.000 euros, resolveu por unanimidade queo poemario desta edición fose para o traballo presentado baixo o lema Patios, que unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de María Álvarez. O xurado encargado de valorar as obras e dictaminar o mellor traballo deste Premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e Editorial Galaxia, contou coa participación da catedrática e tamén tradutora Emma Lazare, a mestra Carme Xiráldez, o poeta e profesor Javier Rodríguez que gañou a pasada edición, ademais do escritor e editor Marcos Calveiro, en representación de Galaxia.

 O xurado contou tamén con Miguel Anxo Mouriño do Instituto de Estudos Miñoráns. María Álvarez traballou en Dakota do Sur e de aí agromou a inspiración para este poemario que resultou gañador nesta edición.