Senra aséntase no segundo posto da xeral do galego de enduro

La Voz LA VOZ | LALÍN

TUI

09 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? dezano Iván Senra sitúase xa segundo na clasificación xeral do Campionato galego de Enduro logo de asinar a pasada fin de semana en Tui o terceiro mellor tempo na categoría júnior. A esixencia da proba, cuarta no calendario, deixou aos tamén dezanos Ricardo Couto no noveno posto (15 na xeral), e a Elvis Pazos no posto 12 en categoría sénior B (sétimo na xeral) en categoría promoción. O Motoclub Deza, ao que pertencen os deportistas, conta na actualidade con 11 pilotos competindo na proba galega: Couto en categoría sénior, Senra en júnior, e en categoría promoción Elvis Pazos, Juan José Iglesias, Luís Alberto Tomé, Gaspar García, Orlando Mazás, José Carlos González e Marcos Gutiérrez. Galego de velocidade O Motoclub Deza está a participar temán no Galego de Velocidade co piloto Iván Cimadevila, que a pasada fin de semana rematou no terceiro posto da proba de Braga, segunda no calendario. Cimadavila subiuse ao terceiro caixón do podio logo de que na primeira proba do campionato, desputada en Estoril, tivese que abandoar por mór de avarías. A vindeira cita será o 3 de xuño en Braga. A falla dun circuito en Galicia, obriga a desputar todas as probas en terras lusas.