Día das Letras Galegas 2008, Xosé María Álvarez Blázquez

Darío Xohán Cabana

VIGO CIUDAD

14 may 2012 . Actualizado a las 19:28 h.

Dous libros son fundamentais na obra poética de Álvarez Blázquez. Por unha banda Roseira do teu mencer, o primeiro e talvez o máis fermoso libro de poesía infantil da nosa literatura. Por outra, Canle segredo, libro grave e severo de poesía case coloquial no que figuran algúns poemas merecentes de estar en todas as antoloxías da poesía galega. Noutra orde de cousas está o Cancioneiro de Monfero, portentosa invención de poemas medievais que é quizabes a máis perfecta falsificación literaria das letras europeas.

Logo está o seu labor de incansable polígrafo, no que destacan dúas grandes antoloxías poéticas de importancia transcendental na historia cultural de Galicia, a dos trobadores medievais e a dos chamados séculos escuros.

E ademais dun dos máis notables escritores da súa xeración, Álvarez Blázquez foi un editor revolucionario que coas súas Edicións Castrelos respondeu plenamente a unha necesidade histórica e transformou, a partir de 1968, o mercado do libro galego, con dúas coleccións, O Moucho e Pombal, que conseguiron unha difusión popular sen precedentes.

* Obra

-Roseira do teu mencer, 1950

-Cancioneiro de Monfero, 1953

-Escolma de poesía galega, I e II, 1952 e 1959

-Canle segredo, 1976

Xosé María Álvarez Blázquez

*Tui, 1915

*Vigo, 1985