Libraría Cartabón, o Cinema Paradiso de Vigo

Pedro Rodríguez Villar
Pedro Rodríguez VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

M.Moralejo

Gonzalo Pérez e Maribel Tato gozan «vivindo dun soño polo que tiveron que loitar moito»

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Gonzalo Pérez naceu en Cartelle, Ourense. Non creceu nun fogar con grandes estantes cheos de libros, pero o amor pola lectura chegou cedo. Ía a unha escola rural na que non tiñan «moita cousa», pero el namorou igual. Logo foi ao instituto a Ourense e reafirmou o seu soño. Non lle gustaba o que lle daban a ler alí. El quería apostar polo libro en galego. Viu para Vigo e coñeceu a súa muller Maribel Tato. Ela era enfermeira, pero namorou de Gonzalo e do seu soño. Deixou o sector sanitario e aproveitaron un local baleiro que os seus pais tiñan no cruce dos Choróns. Abriron Cartabón o 24 de xullo de 1984, «o mesmo día que comezaron as emisións da Televisión de Galicia», rin.

Ao principio, Cartabón estaba especializado en papelería, pero pouco a pouco foron adaptando todo ao que máis lles gustaba: a literatura. «Tivemos que loitar moito ao principio», explican. Non están no centro, o barrio é pequeno e o sitio non é de paso obrigado. Foron apostando por ser o lugar común de moitos escritores e foron especializándose en literatura galega. Agora, o 80 % das súas vendas son en galego e «estamos moi orgullosos de estar na periferia», contan cun sorriso. Ademais, despois de tantos anos de traballo agora «é o momentos de gozar deste soño».

Tantos anos de oficio tamén lles permiten ser os conselleiros habituais de moitos clientes. É a faceta que máis lles gusta deste traballo. Ler, recomendar e comentar sobre o que descobren. Antes tamén lle encantaba falar cos comerciais que traían os libros a libraría, pero agora «xa non veñen». Os tempos cambiaron e a dixitalización obrigoulles a adaptarse «a demasiadas cousas». Aínda que o peor é loitar contra «o terrorismo burocrático». Explican que «non simplifican nada o labor dos pequenos libreiros e así é moi difícil».

Nos últimos anos acumulan varias mencións en premios polas súa labor de promoción lectora, pero o que máis ilusión lles fixo foi a proposta do BNG para nomealos vigueses distinguidos.