pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

literatura Claudio Rodríguez Fer recompila a súa narrativa en «Contos e descontos»

Autor:
xesús fraga
Localidad:
redacción / la voz
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Aínda que é máis coñecido como poeta, Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) tamén é autor dunha obra narrativa que agora recompila nun único volume, Contos e descontos (Toxosoutos), e que inclúe textos inéditos. Non obstante, o escritor, que presentará hoxe o volume na Feira do Libro da Coruña ás 20.00 horas, prefire non facer distincións de xéneros literarios, xa que toda a súa obra, e mesmo a súa vida, está marcada por temas comúns. «A vangarda libertaria, o erotismo insubmiso e a memoria solidaria aparecen en todo o que fixen dende a adolescencia ata hoxe», subliña Rodríguez Fer, quen si engade a presenza do cinema e as súas técnicas nos seus relatos.

Outra característica é un gusto pola brevidade, que xa estaba presente nos textos de Meta-rrelatos (1988) e de Os paraísos eróticos (2010), «onde mesmo hai un conto de menos dunha liña», formulación estilística que provén da «procura da intensidade».

Estes dous libros son, ademais, a cerna de Contos e descontos, pero o volume conta con máis pezas que nunca foran recompiladas, mesmo a de carácter inaugural. «Aparece por primeira vez a miña primeira obra narrativa, Prometeo adolescente, composta por microrrelatos case autobiográficos», di o autor.

Outros textos son o fantástico Ciclo de Ión e contos sobre a memoria e a loita antifascista; precisamente esa é a liña do relato final, tamén inédito, O neno que non quería ir á guerra, «unha especie de memorias dun neno da posguerra fillo de pai represaliado».

O feito de que Contos e descontos se presente como «narrativa completa» non exclúe que Rodríguez Fer peche esta faceta da súa obra. «Ultimamente preferín facer relato en verso, como ocorre nos meus últimos poemarios, Ámote vermella e Unha tempada no paraíso, porque ao mesmo tempo que me interesa contar historias non quero prescindir da intensidade da poesía. E de momento prosigo nesta liña, aínda que nunca se sabe o que se fará, porque non é un quen fai a súa obra, senón a súa obra a un», explica o escritor.

 

ENVIAR NOTICIA  

literatura Claudio Rodríguez Fer recompila a súa narrativa en «Contos e descontos»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Claudio Rodríguez Fer recompila a súa narrativa en «Contos e descontos»
A recompilación de Rodríguez Fer leva textos inéditos.
Autor de la imagen: alberto lópez
 
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.