Ficha técnica:
NOME Dulse
OUTROS NOMES
LATIN Palmaria palmata (Linné, Kuntze)
TALLA 0
UNIDADES
MAXI
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Algas
EUSKERA
CATALAN
CASTELAN
FRANCES
INGLES Dulse
COMO ÉÉ unha especie perenne de formas moi variables en función do ambiente, época do ano ou idade dos exemplares. Normalmente adoita estar formada por unha lámina de contorno máis ou menos elíptico ou triangular. Nas marxes desta lámina medran numerosas ramificacións divididas en forma de palma. Os exemplares poden acada-los 50 centímetros de lonxitude, son de cor vermella-parda escura, algunhas veces algo violácea, e de consistencia dura ou membranosa, algo carnosa nas partes máis vellas.
COMO SE PESCAVive en ambientes batidos infralitorais, sobre as rochas ou, máis frecuentemente, sobre outra alga (<i>Laminaria hyperborea</i>). Nas nosas costas é moi abundante e ascende ata o límite inferior da baixamar. Non existe recolección industrial. As poucas veces que se recolle faise de xeito manual nas baixamares ou apañando as que aparecen sobre a ribeira.